viernes, 15 de abril de 2011

O GARUM BISTRÓ PECHA AS XORNADAS “BOCADOS DE SAUDE”, DE TAPAS CON CONSERVAS ECOLOXICAS E GRAN SELECCIÓN DE CABO DE PEÑAS, CUN OBRADOIRO DE COCIÑA.

- Os asistentes coñeceran as claves para sacar rendemento as conservas a hora de facer pratos de cociña moi actual.
- Esta acción e realizada a través da Asociación Gastronómica COMP&GO á que pertence o Garum Bistró, e coas conservas ecolóxicas e gran selección de Cabo de Peñas (Connorsa). Ademais, cociñarase con aceite de oliva ecolóxico de gran calidade de Unioliva, colaboradora neste evento.

E como final de festa… “Obradoiro Gastronómico Bocados de Saúde”  by    Garum Bistró e Comp&Go.

Tra-las exitosas xornadas de Tapas con Conservas ecolóxicas e gran selección de Cabo de Peñas, realizadas durante 10 días no Garum Bistró, proponse como peche das mesmas un Obradoiro de Cociña do máis interesante. Cabe lembrar que os datos do éxito son claros. Máis de 300 tapas servidas ao longo das xornadas, mais de 200 participantes no sorteo de lotes de conservas ecolóxicas de Cabo de Peñas a traves da páxina do Facebook, e peticións de prolongar ditas xornadas.
Foto "La Aprendiz de Chef" (COMP&GO)

   O obxectivo deste obradoiro é sacar o maior proveito posible a unha conserva combinándoa con outro produto fresco o cociñándoa cos seus propios caldos e aceites. Nas xornadas realizadas nos días pasados comprobamos o interese que este tipo de cociña pode ter para todos vós.  Primeiro porque aporta ideas orixinais. Segundo porque los coñecementos de cociña que se requiren son mínimos. E terceiro pola rapidez nas elaboracións, sen necesidade de investir máis de dez ou quince minutos nas elaboracións.
Fotos "La Aprendiz de Chef"(COMP&GO)

   Neste Obradoiro contamos por suposto, cos produtos de calidade de Cabo de Peñas. Seguiremos a utilizar as conservas ecolóxicas e gran selección que se utilizaron nas xornadas, e que recomendamos sen dubida. Cabo de Peñas apostou por esta iniciativa de Garum Bistró e a Asociación Gastronómica COMP&GO dende un principio, entre outras cousas, polo concepto divulgativo que ía a ter e pola axuda ao sector conserveiro en xeral deste tipo de iniciativas, xa que axuda a mostrar o mundo de posibilidades que teñen os nosos produtos conserveiros. Hai que agradecer tamén a participación co seu produto, a Cooperativa xienense Unioliva, que puxo a nosa disposición un aceite dunha calidade espectacular.





Información do Obradoiro.-
Número máximo de Prazas: 20
Prezo 15 €
Data: 4 de maio de 2011
Hora:  20:30 (duración aproximada 1,5 – 2 horas) e despois nos comeremos todo e tomaremos uns viños para celebralo

Para máis información:
Garum Bistró.- eventosgarum@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario